Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h
Desde que o cinema comezou a contar historias, o centro de atracción de infinidade de películas, independentemente do xénero ao que pertenzan, ocupouno a inevitable historia de amor. O corpo e o rostro das stars convertéronse no centro de atracción da pantalla, en obxectos de admiración para cineastas e espectadores. Pero, coa chegada da modernidade, a parella de amantes que tantas películas protagonizara entrou en crise; e o seu conflito encarnou outro máis profundo: o das imaxes e sons do cinema cuxo venerable matrimonio estaba a ser cuestionado polos novos cinemas. Foi a fin do idilio. A fractura das grandes historias de amor e a posta en cuestión do seu necesario final feliz foron tamén os do cinema moderno respecto das estruturas clásicas.
Os amores difíciles deste curso serán tamén, xa que logo, os do cinema: o amor do cineasta polo seu oficio, polo corpo ou o rostro dun actor ou dunha actriz, ou o amor do espectador ante un primeiro plano da súa estrela favorita (o que Serge Daney chamaba o encantamento, o pracer e a fascinación da mirada).
Neste curso os corpos, a pel, o carnal e o pulsional ocuparán sempre o primeiro plano a través de sesións dedicadas xenericamente a cineastas, pero tamén a actrices e actores: Leo McCarey, Setsuko Hara e Yasujirô Ozu, Nicholas Ray, Max Ophüls, Marilyn Monroe, Elia Kazan e Barbara Loden, John Cassavetes e Gena Rowlands, Richard Linklater, Pedro Almodóvar e Terence Davies.
10 outubro. Leo McCarey. Aventura de amor (Love Affair, 1939) / Unha aventura memorable (An Affair to Remember, 1957)
17 outubro. Setsuko Hara e Yasujirô Ozu. Primavera serodia (Banshun, 1949) / O tempo da colleita (Bakushû, 1951) / Outono serodio (Akibiyori, 1960)
24 outubro. Nicholas Ray. Viven de noite (They Live by Night, 1948) / Nun lugar solitario (In a Lonely Place, 1950) / Johnny Guitar (Nicholas Ray, 1954)
31 outubro. Max Ophüls. A rolda (Max Ophüls, 1950) / O pracer (Max Ophüls, 1952) / Madame de… (Max Ophüls, 1953)
7 novembro. Marilyn Monroe. Niágara (Henry Hathaway, 1953) / Río sen retorno (Otto Preminger, River of No Return, 1954) / Os inadaptados (John Huston, The Misfits, 1961)
21 novembro. Elia Kazan e Barbara Loden. Río salvaxe (Elia Kazan, 1960) / Esplendor na herba (Elia Kazan, 1961) / Wanda (Barbara Loden, 1970)
28 novembro. John Cassavetes e Gena RowlandsFaces. (John Cassavetes, 1968) / Unha muller baixo a influencia (John Cassavetes, A Woman Under the Influence, 1974) / Noite de estrea (Opening Night, 1977) / Correntes de amor (John Cassavetes, Love Streams, 1984)
5 decembro. Richard Linklater. Antes do amencer (Before Sunrise, 1995) / Antes do solpor (Before Sunset, 2004) / Antes da media noite (Before Midnight, 2013)
12 decembro. Pedro Almodóvar. Os abrazos rotos (Los abrazos rotos, 2009) / A pel que habito (La piel que habito, 2011) / Julieta (2016)
19 decembro. Terence Davies. The Deep Blue Sea (2011) / Unha paixón acougada (A Quiet Passion, 2016)
José Manuel López (Vigo, 1974)
COORDINACIÓN: Virginia Villar
DESTINATARIOS: Profesorado, estudantes e todas as persoas interesadas no cine.
PRAZAS: 150
INSCRICIÓN: O período de inscrición está aberto desde o 4 de setembro ata o 9 de outubro de 2018. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal. Cómprelles indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto. Logo de aceptada a solicitude, informaráselles ás persoas inscritas verbo do xeito para realizar o pagamento.
MATRÍCULA: 30 €
CERTIFICACIÓN: El CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.
