Internalities_foto_luis_diaz_diaz

“INTERNALITIES” PARA GALICIA. Programa público

06 Febreiro 2026 - 07 Febreiro 2026
Auditorio do CGAC
Coordinación:
Gema Baños
Dirección:
Roi Salgueiro, Manuel Bouzas
Prazas:
250. Entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala

Internalities: Architectures for Territorial Equilibrium, o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2025, explora como os arquitectos podemos (e debemos) minimizar as externalidades ambientais asociadas cos procesos de produción para avanzar cara á descarbonización da construción. Internalities pon en valor o traballo dunha nova xeración de estudios españois caracterizados polo emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono. Colectivamente, contribúen a profundar nas ecoloxías rexionais de materiais como a madeira, a pedra e a terra, así como nos bosques, canteiras e chans de onde proceden. Estes traballos xeran así novos equilibrios territoriais e desenvolven novos acordos entre ecoloxías e economías.

A presentación de Internalities no CGAC constitúe unha oportunidade para vincular os obxectivos de descarbonización da exposición ás condicións arquitectónicas, económicas e ecolóxicas galegas. Arquitectos, responsables políticos, expertos e axentes sociais explorarán como vincular a descarbonización ao uso dos recursos propios de Galicia en catro conversacións articuladas baixo o título "Internalities" para Galicia.

 

PROGRAMA

6 FEBREIRO

17:00-18:00 h. PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO INTERNALITIES
Roi Salgueiro, comisario da exposición
Manuel Bouzas, comisario da exposición
Iñaqui Carnicero, secretario xeral de Axenda Urbana, Vivenda e Arquitectura, MIVAU
Sol Candela, directora da Fundación Arquia

18:00-19:00 h. PANEL 1. TRANSICIÓN E TERRITORIO
Aurora Armental, Estar; Sala Energy, Internalities
Xavier Simón, director do Observatorio Eólico de Galicia
Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA
Juan Requejo, fundador de At Clave
Jesús Montouto, director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Lugo
 

7 FEBREIRO

11:00-12:00 h. CONFERENCIA MAXISTRAL
Summer Islam, Material Cultures

12:30-13:30 h. PANEL 2. VIVENDA E DESCARBONIZACIÓN
Iñaqui Carnicero, secretario xeral de Axenda Urbana, Vivenda e Arquitectura, MIVAU
M.ª Encarnación Rivas, directora xeral de Urbanismo, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Josep Borrell, director de IMPSOL
Javier Burón, director de NASUVINSA
Luciano G. Alfaya, decano presidente do COAG
Marta Peris, Peris + Toral

16:00-17:00 h. PANEL 3. INDUSTRIA E CONSTRUCIÓN
Gonzalo Piñeiro, director do CIS-Madeira, Consellería de Economía e Industria
Xosé Mera, presidente da Fundación Arume
Maite Sainz, Fetdeterra
Carles Oliver, sala Emissions, Internalities
David Mayol, sala Emissions, Internalities

17:00-18:00 h. PANEL 4. EDUCACIÓN E EXPERIMENTACIÓN
David Chipperfield, presidente da Fundación RIA
Francisco Cifuentes, catedrático na ETC Zürich; Aulet Architects
Daniel Ibáñez, director do IAAC; sala Materials, Internalities
Laurens Bekemans, BC Architects

 

ROI SALGUEIRO BARRIO (A Coruña, 1975) é arquitecto e urbanista; o seu traballo céntrase nas relacións entre a arquitectura e os sistemas de organización territorial. É profesor no departamento de arquitectura do MIT, onde tamén é director do Territorial Design Lab e director curatorial da Morningside Academy for Design. Foi comisario, xunto a Manuel Bouzas, de Internalities, o Pavillón de España da 19.ª Bienal de Venecia (2025), e comisario asistente principal de How Will We Live Together? da 17.ª Bienal de Venecia (2021). É coeditor de Obradoiro, revista do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Foi fundador da oficina RSAU e cofundador de Aside Research Collaborative. Ten un doutoramento summa cum laude pola UPC e é Master in Design Studies con honores pola Harvard GSD. É coautor de The World as an Architectural Project (MIT Press, 2020, con Hashim Sarkis e Gabriel Kozlowski), Premio BEAU 2021 e finalista dos Premios FAD 2021, e é autor de máis de vinte artigos académicos publicados en revistas científicas internacionais. O seu traballo expúxose en institucións como a ETH Zürich, a Bienal de Venecia, a Trienal de Lisboa, a Bienal de Hong-Kong Shenzhen, o MAC de Santiago de Chile ou a Universidade de Yale. 

MANUEL BOUZAS BARCALA (Pontevedra, 1993) é arquitecto, docente e curador con base en Pontevedra e Nova York. O seu traballo sitúase entre o deseño, a ecoloxía e a cultura material, explorando as externalidades ambientais dos procesos de construción. En 2025 recibiu o Premio Princesa de Girona das Artes, e comisariou Internalities, o Pavillón de España na 19.ª Bienal de Arquitectura de Venecia. É profesor na Universidade de Cornell (AAP) e coeditor de Obradoiro, revista do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Graduouse con matrícula de honra na ETSAM (UPM) e do Master in Design Studies na Universidade de Harvard (GSD). A súa obra inclúe proxectos como Atlas (Braga, 2025), Cabane 7L (Roma, 2024) e Mediterráneo (Valencia, 2023), apoiados polo Goberno de España, Villa Médici, a Fundación Arquia e CHANEL. O seu traballo foi recoñecido co Renzo Piano World Tour Award (2022) e a bolsa “la Caixa” (2021), e foi exposto nas bienais de Venecia (2018, 2023, 2025), na de Versalles (2025) e na BEAU (2021, 2025).