foto dim 2022.jpg

O PODER DOS MUSEOS. Semana dos museos 2022

14 Maio 2022 - 22 Maio 2022

Para celebrar o 18 de maio, Día internacional dos Museos, este ano o ICOM propón como lema O poder dos museos. O seu obxectivo é suliñar o potencial transformador dos museos nas súas comunidades. Os museos como lugares de formación, descubrimento, investigación e encontro, e como foros de intercambio cultural e de coñecemento.

No CGAC programamos, arredor deste día, unha semana chea de actividades para todos os públicos.

 

PROGRAMA
O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁ. RUTA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

SÁBADO 14 DE MAIO

DIRIXE: Carmen Rey

Nesta ruta pola cidade partiremos do exterior do CGAC e deterémonos noutros fitos da arquitectura contemporánea compostelá, como o conxunto da avenida Xoán XXIII; a Biblioteca Pública de Santiago, Ánxel Casal, de Andrés Perea; a residencia do presidente da Xunta de Galicia, de Manuel Gallego Jorreto; a quinta Simeón, tamén coñecida como parque de Vista Alegre, con intervencións de César Portela, Arata Isozaki e Antón García Abril; e o Auditorio de Galicia, de Julio Cano Lasso, para regresar á arquitectura de Siza na Facultade de Ciencias da Comunicación.

HORARIO: 11:00-13:30 h
PRAZAS: 20. De balde, con inscrición previa
PRAZO DE INSCRICIÓN: os días 9 e 10 de maio
INSCRICIÓN: Para participar cómpre inscribirse previamente enviando unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal cos seguintes datos: nome completo, número de teléfono e enderezo electrónico de contacto da persoa solicitante. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

 

VISITA GUIADA ÁS EXPOSICIÓNS OS DOMINGOS

DOMINGOS 15 E 22 DE MAIO

O público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas Suso Fandiño. Wunderkammer (ata o 15 de maio), Buen Gobierno. Sandra Gamarra Heshiki (ata o 29 de maio) e Cruzamentos na arte galega da Colección CGAC (ata o 19 de xuño) acompañado por mediadoras especializadas en arte.

HORARIO: de 12:00 a 12:50 h
PRAZAS: 25
Entrada libre e de balde ata completar as prazas
PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas destinatarias: público interesado na arte e na cultura
INSCRICIÓN: Para participar nesta actividade non é preciso inscribirse previamente. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 horas e terán unha duración aproximada de 50 minutos. As prazas cubriranse por orde de chegada ata un máximo de 25 persoas.

 

SESIÓN ABERTA DO CURSO EN LIÑA INTRAHISTORIAS DA ARQUITECTURA IV

LUNS 16 DE MAIO

DIRIXE: Fermín Blanco

Esta edición do curso está marcada pola relación entre a arquitectura e  natureza: o paisaxismo, a xestión dos recursos naturais, a bioconstrución, o deseño de xardíns, a renaturalización de espazos urbanos e a biofilia.

SESIÓN: "Activismo e territorio. César Manrique"
HORARIO: de 19:00 a 20:30 h
MODALIDADE: en liña / Acceso libre e de balde
O acceso á sesión, que se impartirá na plataforma Zoom, poderá facerse por medio desta ligazón: https://acortar.link/DNbY5i
ID DE LA REUNIÓN: 870 8015 7509
CÓDIGO DE ACCESO: 187520
PERSOAS DESTINATARIAS: A sesión está dirixida ao público interesado na historia da arquitectura e a historia da arte, a xardinaría e o paixasismo. Non cómpre ter coñecementos previos.

 

SESIÓN ABERTA DO CURSO DE ARTE, CULTURA E HISTORIA
A CONSTRUCIÓN DA MODERNIDADE: VANGARDAS E POSVANGARDAS

MÉRCORES 18 DE MAIO

DIRIXE: Mª Luisa Sobrino Manzanares

O contido deste curso abarca desde principios do século XX ata a Segunda Guerra Mundial, cuxo estalido constitúe a primeira gran creba na traxectoria da cultura e da arte.

SESIÓN: "Os anos vinte. A madurez dos revolucionarios: Picasso, Matisse. A 'volta á orde' e a súa incidencia na pintura. A tendencia déco. A nova obxectividade e as súas persistencias futuras: Edward Hopper, Balthus"
HORARIO: De 19:00 a 21:00 h
LUGAR: Auditorio do CGAC
Entrada libre e de balde ata completar as localidades dispoñibles
PERSOAS DESTINATARIAS: A sesión está dirixida ao público interesado na arte, a historia e a cultura. Non cómpre ter coñecementos previos.

 

VISITAS GUIADAS ¿COMO SE FIXO? A MOSTRA CRUZAMENTOS DESDE OS ALMACÉNS ÁS SALAS DE EXPOSICIÓN

XOVES 19 E VENRES 20 DE MAIO

/ Horario: de 18:00 a 19:30 h / Entrada libre e de balde ata cubrir as prazas dispoñibles

Durante estas dúas visitas o público poderá descubrir o proceso que se agocha detrás dunha exposición a través da visión dos diferentes axentes que participan nel. Realizaremos un percorrido desde os almacéns de obra do CGAC ata as salas onde se atopa a mostra Cruzamentos na arte galega da Colección CGAC acompañados polo director do CGAC Santiago Olmo, a comisaria Sara Donoso e algúns dos artistas con obra na exposición.

Falaremos sobre cómo se traballa coa colección do centro, a creación do discurso expositivo, o proceso de selección das obras, o diálogo que se establece cos artistas e entre as propias pezas, a montaxe da exposición, as diversas traxectorias artísticas e os detalles das obras da man dos seus protagonistas.

  • XOVES 19 DE MAIO
    Participarán Santiago Olmo, Sara Donoso e os artistas Chelo Matesanz e Álvaro Negro.
  • VENRES 20 DE MAIO
    Participarán Santiago Olmo, Sara Donoso e os artistas Amaya González Reyes e Vitor Mejuto.

PERSOAS DESTINATARIAS: As visitas están dirixidas ao público interesado na arte e na cultura.
INSCRICIÓN: Para participar nesta actividade non é preciso inscribirse previamente. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 18:00 h. Os grupos formaránse por orde de chegada ata un máximo de 25 persoas.

 

TALLERES PARA FAMILIAS UNHA VIAXE ATA PERÚ
A REBELIÓN DA FORMA. ALDO CHAPARRO

SÁBADO 21 E DOMINGO 22 DE MAIO

DIRIXE: Sara Donoso

As relacións entre a pintura, o deseño e a escultura son esenciais no traballo de Aldo Chaparro. Xogando coa combinación de formas e cores, as persoas participantes traballarán con diferentes formatos e materiais e aprenderán a expresar sentimentos a través das súas mans e dos obxectos empregados.

PERSOAS DESTINATARIAS:
       • Sábado 21 de maio. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos
       • Domingo 22 de maio. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos
HORARIO: de 11:00 a 13:00 h / De balde con inscrición previa
INSCRICIÓN: As familias interesadas poderán solicitar praza do 12 ao 19 de maio enviando unha mensaxe por correo electrónico a onlinecgac@gmail.com na que deberán indicar o título da actividade o día no que desexan inscribirse, os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.