CICLO DE PROXECCIÓNS

PAULINE OLIVEROS. Series of Screenings

20 Maio 2021 - 22 Maio 2021
6.00 p.m.
Auditorium
Prazas:
60. Anyone interested in seeing these works can register at CGAC’s reception on arrival

Este ciclo de cinco gravacións e películas reúne unha serie de colaboracións coa escritora IONE, ademais da mezzosoprano e artista Loré Lixenberg e o compositor experimental Frédéric Acquaviva.

Pauline Oliveros colabora en numerosas ocasiones con IONE, tres das súas máis notables colaboracións son Dreams of the Jungfrau (1991), a ópera-danza Io and Her and the Trouble with Him (2001) e Njinga. The Queen King (1991). Esta última é unha obra escrita por IONE, con composición orixinal de Pauline Oliveros que foi, polo menos en parte, froito dunha encarga e se desenvolveu durante unha residencia de dúas semanas da artista no Yellow Springs Institute. Parte dunha investigación de IONE sobre a rexente de Angola, Nzinga Mbandi.

IONE empezou a colaborar con Pauline Oliveros para crear esta obra de teatro en 1987. Nela fusiónanse o contemporáneo e o tradicional para narrar a historia da rexente africana do século XVII. Io and Her and the Trouble with Him conta coa colaboración da coreógrafa Joanna Haigood e é unha “peza multimedia que transporta o público cara a un tempo primixenio”. A última das colaboracións con IONE neste ciclo é Dreams of the Jungfrau, un vídeo experimental de 20 minutos filmado en Suíza e no que se fai referencia a El año pasado en Marienbad de Alain Resnais.

As dúas obras que completan este ciclo son dous videorretratos de Pauline Oliveros e IONE filmados por Acquaviva e Lixenberg. En Singterview, realizado en 2016 por Loré Lixenberg, a cantante emprega os modos operísticos para executar esta singular entrevista. Por outro lado e cunha metodoloxía propia do retrato documental, Fréderic Acquaviva filma a Pauline Oliveros mentres compón en directo no metaverso Second Life en 2011. O autor defínea como unha “película de amor”.

 

PROGRAMA

20 MAIO

  • Njinga the Queen King. The Return of a Warrior
    Escrita e dirixida por IONE / Música e deseño sonoro de Pauline Oliveros / Ano: 1991 / Duración: 1 h 58 min

21 MAIO

  • Io and Her and the Trouble with Him (A Dance-Opera in Primeval Time)
    Escrita e dirixida por IONE / Música e deseño sonoro: Pauline Oliveros / Coreografía: Joanna Haigood / Ano: 2001 / Duración: 48 min

22 MAIO

  • Dreams of the Jungfrau
    Escrita e dirixida por IONE / Música e deseño sonoro: Pauline Oliveros / Ano: 2007 / Duración: 20 min
  • PAULI(O)NE
    Dirixida por Frédéric Acquaviva / Ano: 2011 / Duración: 23 min
  • Singterview with Pauline Oliveros and IONE
    Dirixida por Loré Lixenberg / Ano: 2016 / Duración: 13 min
As proxeccións serán en versión orixinal e estarán abertas ao público nos horarios indicados.