SESIÓNS DIDÁCTICAS PRESENCIAIS E EN LIÑA PARA EDUCACIÓN PRIMARIA. DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA
O obxectivo desta actividade é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.
Nestas sesións didácticas, tanto presenciais coma en liña, realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. Ademais, durante a conversa, combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.
Cursos de educación primaria
SESIÓNS PRESENCIAIS
Duración: 90 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Tras a conversa, os grupos que visiten o CGAC levarán a cabo un taller creativo no que afondaremos nos conceptos tratados. O alumnado realizará unha instalación artística colectiva en diálogo coa arquitectura de Álvaro Siza Vieira.
Inscrición: A actividade é de balde e, para participaren, é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo e da persoa responsable, número de persoas de que consta o grupo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto.
SESIÓNS EN LIÑA
Duración: 50 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Ao rematar a presentación, aos grupos que opten pola sesión a distancia, propoñémoslles levar a cabo unha creación colectiva con elementos da natureza en diálogo co espazo interior ou exterior do seu centro educativo.
Requisitos técnicos: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).
Inscrición: A actividade é de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a actividade, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.
Unha vez que se acepte a solicitude, os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.
