Jim Hodges: Untitled (Love), 2000-2001
Jim Hodges: Untitled (Love), 2000-2001

SOLOS NO CGAC. Programa de concertos didácticos

26 Maio 2025 - 26 Novembro 2025
11:00 h
Auditorio do CGAC
Coordinación:
Carmen Hermo
Dirección:
Rosa María Fernández
Matrícula:
Actividade de balde con inscrición previa

Solos no CGAC é un ciclo de catro concertos ofrecidos por catro intérpretes: piano, voz, acordeón e percusión.

A proposta preséntalle ao alumnado —a partir do segundo curso da ESO— unha experiencia de inmersión no universo da música contemporánea escrita por grandes compositores e compositoras dos séculos XX e XXI.

A diferenza do que ocorre con agrupacións musicais máis grandes, os concertos a solo permiten introducirse na escoita dunha forma única, percibindo todas as posibilidades de comunicación e de expresión que é capaz de desenvolver un só instrumento.

Asistir a estes concertos axudará o alumnado a desenvolver a súa sensibilidade artística, a interactuar mellor coa música e a cultura do seu tempo, a ampliar a súa capacidade de concentración e a apreciar a creatividade dos e das intérpretes actuais. Tamén lles brindará unha oportunidade para descubrir instrumentos e técnicas pouco habituais, que serán a través de exemplos previos a cada obra.

 

PROGRAMA

Mércores 29 de outubro, 11:00 h
Concerto de María Zubimendi (acordeón)
Prazo de inscrición: do 2 ao 27 de outubro
PROGRAMA DE MAN

Mércores 26 de novembro, 11:00 h
Concerto de Noè Rodrigo (percusión)
Prazo de inscrición: do 30 de outubro ao 24 de novembro
PROGRAMA DE MAN

 

ROSA MARÍA FERNÁNDEZ (Ponferrada, León, 1969) é doutora cum laude en Musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona. Obtivo a súa licenciatura en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo e é académica correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando pola provincia de Barcelona.

 

DESTINATARIOS

Grupos de escolares a partir de segundo da ESO

INSCRICIÓN

Os centros interesados deberán enviar, nos prazos de inscrición indicados para cada concerto, unha mensaxe electrónica a cgac.prensa@xunta.gal cos seguintes datos: nome do centro, número de participantes, curso ou idade, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome da persoa responsable do grupo.

As prazas cubriranse por orde de inscrición e os centros solicitantes recibirán unha notificación do estado da súa solicitude por correo electrónico.