TALLER DE ARTISTA CON LUIS GONZÁLEZ PALMA. A FOTOGRAFÍA COMO EXTENSIÓN DO PENSAMENTO.

28 Novembro 2015 - 29 Novembro 2015
Ante a necesidade de explorar no nivel simbólico todo acto creativo, este taller propón unha reflexión sobre o proceso mental e emocional que intervén na construción de imaxes.
No taller búscase que, mediante o diálogo, as persoas participantes vaian comprendendo que hai sutís decisións que afectan ao sentido da obra e o modifican. Dado que todo acto creativo é extremadamente complexo, requírese de distintos enfoques para ir descubrindo as razóns das decisións que imos tomando no proceso; por iso indagaremos sobre o sentido das nosas ideas estéticas, as intencións conceptuais destas e as cargas emocionais que impulsan o acto creador.
Neste encontro convídase a pensar nas razóns polas calesfacemos un tipo de imaxe e non outro, a coñecer as referencias que nos guían, a tomar conciencia de que todas as decisións que tomamos teñen unha razón profunda (xeralmente descoñecida), e de que están totalmente relacionadas coa forma en que percibimos a nosa vida, o noso pasado e a nosa relación co mundo.
O que somos e sentimos inflúe dun xeito absoluto nodesenvolvemento das nosas ideas e tomar conciencia diso permítenos operar con maior liberdade e flexibilidade nos nosos procesos.
Os obxectivos do taller son os seguintes: verbalizar o nosodesexo para facer consciente o que realmente buscamos na nosa actividade creadora e así ir descubrindo todo o que as nosas imaxes ocultan; xerar un diálogo desde a honestidade e a intimidade para comprender os camiños e as razóns que nos levaron a desexar simbolizar o mundo a través da imaxe e, por último, estimular a nosa intelixencia visual e emocional para posibilitar novas lecturas da nosa propia obra e da do outro, expandindo a nosa forma de percepción e aumentando a nosa sensibilidade.

Folleto da actividade




Luis González Palma. Naceu en Guatemala en 1957. Na actualidade, vive e traballa en Córdoba, Arxentina. Realizou exposicións individuais, entre outras, nas seguintes institucións: The Art Institute of Chicago, EUA; The Lannan Foundation, Santa Fe, EUA; o Australian Centre for Photography, Sydney, Australia; o Palacio de Bellas Artes de México e o Royal Festival Hall de Londres, Reino Unido. Ademais amosou a súa obra en festivales de fotografía como Photofest, Houston, EUA; o de Bratislava, Eslovaquia; Les Rencontres d’Arles, Francia, ou PhotoEspaña. Participou en mostras colectivas de institucións como o Ludwig Forum für International Kunsten Aachen, Alemaña, ou o Taipei Fine Art Museum en Taiwán; nas bienais de Venecia, São Paulo e A Habana, e na Fotobienal de Vigo. O seu traballo está incluído en varias coleccións públicas e privadas como The Art Institute of Chicago; a Fundación Daros en Zúric, Suíza; a Maison Européenne de la Photographie en París; The Houston Museum of Fine Arts, Houston, EUA, e a Fondation Cartier pour l’art contemporain, París, Francia. Até o momento publicáronse tres monografías sobre o seu traballo, entre as que destacan Poems of Sorrow (Arena Editions, Santa Fe, Novo México, 1999) e El silencio de la mirada (Pelliti, Roma, 1998).


HORARIO
Sábado, 28 de novembro, de 11:00 a 14:30 h e de 16:00 a 20:00 h
Domingo, 29 de novembro, de 11:00 a 14:30 h e de 16:00 a 20:00 h

DESTINATARIOS: artistas e profesionais do medio fotográfico

PRAZAS: 15

INSCRICIÓN: As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 602. As solicitudes deberán ir acompañadas dunha carta de motivación e un pequeno currículo, e deberán incluír os seguintes datos: nome completo, enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto. Unha vez que lles confirmemos a inscrición, enviarémoslles as indicacións precisas para facer efectiva a matrícula.

MATRÍCULA: 20 €

DIRECCIÓN: Luis González Palma

COORDINACIÓN: Virginia Villar