YOU ARE HERE WAITING.jpeg

WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA : ROUND TABLE: "TRAS O GRAN REINICIO" : A industria creativa ante unha inminente recesión planetaria e subordinación dixital.

09 Setembro 2022
16:30 h
Auditorio do CGAC
Coordinación:
CGAC: Gema Baños

Tras o "gran reinicio" provocado pola pandemia e o implícito shock colectivo, a sociedade tal e como a coñecemos achégase a unha recesión: valores degradados e ultra-mutables, extrema polarización, crise ideolóxica e de recursos, desfasamentos xeracionais, a integración masiva da intelixencia artificial no ámbito creativo e un problema compartido que tras 60 anos de invisibilidade que toca á nosa porta. O cambio climático e a escaseza de recursos son unha realidade que choca rotundamente sobre o enfoque neoliberal e capitalista sobre o que construímos a diario: mentres que o sistema económico entende que seguiremos crecendo indefinidamente, o estado do noso planeta di o contrario.

Neste coloquio, artistas e profesionais da industria cultural, musical e tecnolóxica debaterán abertamente sobre un futuro cheo de dicotomías e incertezas nun escenario próximo ao distópico. Cuestións éticas e morais que deben afrontar as propostas de club, a imposibilidade de escapar ao pasado (a lenta cancelación do futuro en termos de creatividade), as novas formas de responsabilidade social, cultural e ecolóxica que debe abordar calquera artista e ata os posibles rumbos que pronto compartiremos coa expansión da intelixencia artificial e o paradigma do metaverso.

 

Participantes:

Alex Nikolov, Andrea Lamount, Karne Kulture, Mounqup, Patricia M. Val, Yugen Kala

 

Moderador: Frankie Pizá