Carrusel de imaxes de exposición

GamarraII.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-4.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-6.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-7.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-8.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-21.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-29.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-68.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-75.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-89.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-94.jpg
SANDRA GAMARRA pantalla-109.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11

BUEN GOBIERNO. SANDRA GAMARRA HESHIKI

11 Marzo 2022 - 29 Maio 2022
Planta baixa
Comisariado:
Agustín Pérez Rubio
Artistas:
Sandra Gamarra

O proxecto toma o seu título do manuscrito “Primera Crónica y Buen Gobierno”, redactado en español cara a 1616, no Perú, polo cronista amerindio Felipe Guamán Poma de Ayala. Este documento foi realizado para lle enviar ao entón rei de España Felipe III e o seu obxectivo era retratar a realidade andina colonial e solicitarlle á Coroa española unha reforma do goberno virreinal para salvar o pobo andino da explotación, das enfermidades e das mesturas raciais, como sinónimo da desaparición da cultura autóctona. Case catrocentos anos despois, esta mestura racial e cultural non significou a desaparición das devanditas civilizacións, senón que serviu, con dor e dificultade —case en contra unha da outra—, para a súa evolución. Desde este lugar, Buen Gobierno constrúese como un espazo de conflito, no que se sinala como a orixe das nacións latinoamericanas está intimamente ligada ao propio nacemento de España e como urxe revisar o bo goberno destes dous legados para construír outras formas, mellores, de convivencia.

A mostra preséntase como un exercicio decolonial para a nosa mirada, a través de diversos xéneros da pintura, entendidos como mecanismos de domesticación e perpetuación da colonialidade, e funciona xunto a colaboracións e obras doutros artistas. Establece un parangón entre os devanditos mecanismos e as ferramentas occidentais que utilizamos a través da museoloxía para obxectivar, clasificar, encapsular e invisibilizar outros saberes e coñecementos do mundo provenientes de Abya Yala —coñecida tras a conquista como América Latina—, como a cultura andina. Tamén incide en como os procesos de independencia, progreso e modernización, a través das vangardas artísticas, serviron en moitos casos para perpetuar os privilexios tanto da nai patria coma daqueles que tiveron que crear unha relación entre a cor de pel e a ordenación sociopolítica do territorio.

O proxecto, lonxe de presentarse como unha tese ou unha representación ilustrativa do pasado, cuestiona as ordes establecidas no imaxinario das dúas nacións. Así mesmo, profunda na vixencia colonial, racista e extractivista do presente no noso país/continente respecto da relación de carácter neocolonial que aínda impera, o que supón reclamar a necesidade doutras formas de restitución e curación destes procesos.

 

 

  Exposición producida pola Comunidad de Madrid      logo