A MANCHA HUMANA / THE HUMAN STAIN
12 Marzo 2009 - 31 Maio 2009
Comisariado:
Ellen Blumenstein
Artistas:
Varios
Cando describía os anos cruciais na xénese da arte conceptual, a crítica norteamericana Lucy Lippard afirmaba que había un «culto á neutralidade» no minimalismo da década dos anos sesenta, «aplicado non só á execución de obxectos senón tamén á feroz erradicación da emoción e das nocións convencionais de beleza» (
Seis anos: a desmaterialización do obxecto artístico dende 1966 a 1972
), mentres a arte conceptual, simultaneamente, centraba a súa atención na claridade da expresión da idea. Máis alá do feito de que estas concepcións utópicas teñen probada a imposibilidade de alcanzar a súa pretendida concreción, aínda son axeitadas para reflectir formatos artísticos alternativos, e o ideal de pureza da boa arte minimal ou conceptual prevalece como un xeito de entendemento común hoxe en día.
Tomando como referencia este punto de partida, a mostra A mancha humana parte do extremo oposto: a presunción de que non só esta suposta neutralidade ou pureza foi superada polos artistas neoconceptuais dos anos oitenta e noventa senón que unha «mancha humana» (unha referencia prestada polo título dun libro do novelista americano Philip Roth) foi sempre un compoñente constitutivo na arte conceptual dende as súas mesmas orixes (xa sexa nun nivel persoal ou emocional, xa sexa cun alcance poético ou político).
Nun momento revelador, mentres un entrevistador a clasificaba dentro do neoconceptualismo, a artista británica Tracey Emin respondía que ela non podía ser considerada unha artista conceptual; o seu traballo era demasiado emocional para encaixar na definición. Coa negación desta suposta contradición e desprazando levemente a mirada habitual sobre os fondos conceptuais das coleccións do CGAC e da Fundación ARCO -que constitúen a fonte material desta mostra-, A mancha humana pretende salientar os tecidos conectivos máis que os aspectos divisorios no que respecta á relación entre o conceptual e o neoconceptual, e tamén, en certo modo, reavaliar o coñecemento da arte conceptual histórica a partir do exame das actuais estratexias neoconceptuais.
O principio que guía este proxecto é simplemente amosar que a idea non é necesariamente oposta á subxectividade persoal, á poesía ou ao político, senón que as relacións establecidas entre estes elementos diversos que atravesan a obra de arte son as que crean unha tensión frutífera: aquela en que cada elemento induce a un risco, poñendo en perigo a existencia dos outros, para nunca acadalo por completo.
Así, o exame comisarial das obras seleccionadas dos fondos do centro comeza cunha escena primordial: o conflito entre o minimalismo e o conceptual no momento mesmo do seu respectivo nacemento. Desenvoltos a partir da oposición ao expresionismo abstracto, coa súa voz crítica omnipresente en Clement Greenberg e coa súa dominación absoluta do mercado da arte, ambos os dous movementos xurdiron no intervalo de tempo dun par de anos e rexeitaron dun xeito similar a representación e a fetichización do obxecto artístico, aínda máis, a arte como mercadoría.
Mentres o minimalismo intentaba eliminar o contido, atendendo a formas e colores básicos, a unha produción seriada ou industrial -en definitiva, reducindo o obxecto artístico á súa esencia mesma-, a arte conceptual deulle a volta a esta construción e desafiou o status obxectual a partir da desvalorización da aparencia da obra de arte en favor da idea -e así, a concepción como contido-. Os artistas conceptuais pretendían reestruturar a percepción e a relación entre o proceso e o produto artístico; deste xeito, a información e os sistemas substituían as nocións tradicionais de composición, color, técnica e presenza física.
A mancha humana comezará dende unha das máis importantes -e recentes na súa adquisición- pezas da colección, a temperá obra conceptual de Joseph Kosuth, Claro, cadrado, cristal, apoiado (1965), na que introduce un diálogo con tres posicións artísticas do mesmo tempo histórico: Donald Judd, Carl André e Sol Lewitt. Mentres probablemente Judd pode ser caracterizado como unha das figuras referenciais do minimalismo, a posición de André xa non pode ser asignada dun xeito tan sinxelo. Tanto no seu modo de vida como na súa vinculación a certos debates e cuestións centrais do seu traballo achegábase aos seus colegas conceptuais. Tamén Sol Lewitt é ben coñecido pola súa exploración incansable dos dous campos.
Será parte da acción comisarial da colección elaborar as relacións entre estes artistas e os seus respectivos traballos, e observar detidamente a fusión e o fráxil equilibrio entre forma, idea e a súa percepción no espazo e no tempo. Analizando os puntos focais das actividades do propio museo como coleccionista continúa o meu traballo como comisaria. Espero deseñar unha viaxe excitante a través dos diferentes capítulos das prácticas artísticas conceptuais e neoconceptuais, pasando por Joseph Beuys e a súa énfase no ensino, e invitando ao espectador a deterse en artistas feministas como Martha Rosler, Ana Mendieta, Helena Almeida ou Anna Maria Maiolino, por nomear só unhas cantas. Nela introducirei posicións de compromiso político como as dos artistas do leste de Europa Julius Koller ou Mladen Stilinovic, e contrastarei estas propostas máis históricas con expoñentes do neoconceptualismo, nun abano que abranguerá obras tan diversas como as dos artistas Liam Gillick, Jac Leirner ou Iñaqui Bonillas.