I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Venres, 16 de Marzo do 2018

No ano do seu 25º aniversario, o Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a primeira edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea a fin de estimular a investigación e a produción de textos sobre esta materia en lingua galega.

O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro dentro dalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.

O 17 de setembro de 2018, o xurado resolveu por unanimidade premiar o ensaio "A arte está feito dunha materia incerta e fragmentaria", do artista ourensán Rosendo Cid.

 

Composición do xurado:

En virtude do establecido no artigo 11.2 da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se convoca o I premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, procédese a dar publicidade á Resolución do 23 de abril de 2018 do secretario xeral de Cultura pola que se designan as persoas que formarán parte do xurado encargado de realizar a valoración do devandito premio, de acordo co seguinte:

Presidente:

  • Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Vogais:

  • Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela
  • Mónica Maneiro, directora de Dardo Magazine e comisaria de exposicións
  • Antón Castro, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra, crítico de arte e comisario de exposicións

Secretaria:

  • Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.