IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
O CGAC convoca a novena edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, unha iniciativa destinada a fomentar a investigación e a produción de pensamento arredor da arte contemporánea mediante a elaboración de traballos inéditos escritos orixinalmente en lingua galega. O premio está dotado con 3.000 euros.
Poderá participar calquera persoa maior de idade que presente un texto inédito sobre arte contemporánea, cun enfoque divulgativo e redactado en galego, sen intervención de sistemas de intelixencia artificial. Os traballos deberán ter unha extensión de entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos.
O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 18 de setembro de 2026.
Pode atopar toda a información nas bases reguladoras.
Composición do xurado
O xurado encargado de valorar as candidaturas presentadas ao IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea estará presidido pola directora do CGAC, Eva López Tarrío, e contará como vogais con Carmen Hermo Sánchez, Pilar Corredoira López e Manuel Vilariño Seco.
O texto íntegro da resolución do 15 de xuño de 2026, pola que se designan as persoas integrantes do xurado, pode consultarse na seguinte ligazón.
