AO AIRE LIBRE WALTERCIO CALDAS

Ao aire libre. As esculturas de Waltercio Caldas

2010
978-84-453-4835-2
25,00 €
Autores/as:
Roberta Calábria, Manuel Olveira, Sónia Salzstein
Páxinas:
126
Dimensións:
27 x 25 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

Se algo define a obra de Waltercio Caldas (Río de Xaneiro, 1946) é unha peculiar concepción do espazo e un tratamento moi persoal da súa especificidade. Así pois, resulta totalmente coerente e natural que parte da súa produción se resolva baixo a forma de escultura en espazos públicos ou, como lle gusta dicir ao artista, escultura ao aire libre. Estas dúas últimas palabras, aire e libre, son, xunto coa súa maneira tan especial de tratar o espazo, os alicerces fundamentais do traballo que vén xerando desde os anos setenta.

A partir destes tres elementos básicos, esta publicación emprende un achegamento a súa produción, concibida para funcionar nun espazo público, aberto, accesible directamente en contextos diversos, ben en situacións urbanas, como unha praza en Río de Xaneiro, ben en espazos paisaxísticos, como un fiorde en Noruega.