Agenda CGAC 2005

Axenda 2005. Artistas portugueses na colección CGAC. 20 + 1

2004
8,00 €
Autores/as:
Miguel Fernández-Cid
Páxinas:
132
Dimensións:
9,5 x 14,5 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
portugués
Ilustracións:
cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

A axenda do CGAC de 2005 presenta 20+1. Artistas portugueses nas coleccións CGAC, unha selección de pinturas, esculturas, fotografías, instalacións e vídeos de artistas portugueses. É a primeira vez que se repasa a colección do CGAC tomando como fío condutor a pertenza dos creadores a un único país.

Portugal foi elixido tanto pola calidade das obras dos 20 artistas seleccionados como por render unha merecida homenaxe a outro artista, o arquitecto Álvaro Siza, quen actúa como cómplice simbólico "+1".

Os artistas incluídos nesta selección son: Helena Almeida, Vasco Araújo, Daniel Blaufuks, Pedro Cabrita Reis, Pedro Calapez, Alberto Carneiro, Filipa César, Manuel Casimiro, José Pedro Croft, Ângela Ferreira, Fernanda Fragateiro, Ana Jotta, Adelina Lopes, Rita Magalhães, Jorge Molder, María Pía Oliveira, Miguel Palma, João Penalva, Baltazar Torres e Rui Toscano, xunto a Álvaro Siza.

A publicación inclúe fotografías das pezas seleccionadas, ademais dunha axenda funcional para o ano 2005.

 

ESGOTADO