Chema Madoz
Páxinas:
112
Dimensións:
23 x 19 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Ilustracións:
b/n
Encadernación:
rústica
Sinopse:
O Centro Galego de Arte Contemporánea presentaba en 1998 unha exposición dedicada ao recoñecido fotógrafo madrileño Chema Madoz, acompañada desta publicación que recolle unha selección dos seus traballos
As súas imaxes, protagonizadas por obxectos cotiáns, transforman a realidade ao seren manipulados cunha intención subversiva, froito dunha mirada analítica e profundamente reflexiva. A través de brillantes asociacións, tanto visuais como conceptuais, Madoz desafía a percepción do espectador, creando un mundo que cuestiona as nosas certezas sen caer nunca na anécdota.
