Páxinas:
156
Dimensións:
21,5 x 15,5 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
Jorge Macchi. Anatomía da melancolía é o catálogo da exposición do mesmo título celebrada no CGAC entre os meses de maio e xullo de 2008.
Chega Jorge Macchi ao Centro Galego de Arte Contemporánea nun magnífico momento dunha traxectoria artística que suma máis de vinte anos. Unha traxectoria que se pretende amosar a través desta exposición retrospectiva que traspasa as salas do CGAC e se estende pola veciña Igrexa de Bonaval. Anatomía da melancolía de Jorge Macchi está construída a partir de delicadísimas pezas que configuran un mapa cos sinais que, ao longo da vida, deixan en nós as persoas, os lugares ou as cousas.
