la cosa y memoria de la cosa

La cosa y memoria de la cosa. Francesc Ruiz

2007
978-84-453-4442-2
15,00 €
Autores/as:
Manuel Olveira, Manuel Segade, Francesc Ruiz
Páxinas:
156
Dimensións:
38 x 24 cm
Idiomas:
galego-castelán
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Francesc Ruiz (Barcelona, 1971) propón neste traballo estratexias site / time specific levadas ao terreo dos cómics no campo expandido da arte. A cidade e os seus grupos fanse visibles a través de metanarrativas encarnadas no póster de rúas, o cómic por entregas ou os memoriais. A tecnoloxía da narración gráfica, coas súas viñetas, os seus cadros de texto e os seus bocadillos, son reutilizadas para realizar un comentario subxectivo da realidade, materializando as pulsións que o cotián oculta, así como a especialización sobre o hábitat que cada unha das nosas subculturas, incluída a da arte, desenvolve. Na produción fórzase a dilación como elemento liberador a través de xornadas de 24 horas ininterrompidas, restrínxese a distribución dos diferentes dispositivos provocando a activación do espectador na súa busca, así como nos soportes, elixindo o debuxo e a fotocopia como métodos óptimos de transmisión de coñecemento.

 

ESGOTADO