Páxinas:
200
Dimensións:
26 x 18 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa dura
Sinopse:
Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión combinando a práctica da fotografía coa escultura e a instalación. Coas súas pezas crea atmosferas oníricas en cuxa realidade paralela coexisten a gravidade e a ingravidez, e onde as fronteiras entre o apracible e o tráxico se dilúen para suxerir estados de ánimo que na súa ambigua intensidade integran estes opostos.
As súas paisaxes, compostas por non-lugares de silencio e quietude, fálannos da suspensión do presente e da inmersión nun novo universo gravitacional, onde o tempo se retarda, o instante se alonga e o suxeito devén en natureza.
