Páxinas:
222
Dimensións:
24 x 17 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:
Con textos de Natalia Poncela, comisaria da exposición, Santiago Olmo e Isabel Carlos, Nalgures é o catálogo da mostra individual da artista australiana Narelle Jubelin (Sydney, 1960), que tivo lugar no CGAC en 2022.
Nalgures, detense nas memorias dos lugares e nos distintos modos en que estes son ocupados, recorrendo a referentes culturais concretos dentro do contexto galego e vinculándoos con outras cartografías e referencias da biografía e traxectoria artística de Jubelin.
A través de pezas procedentes de diferentes series da artista, o libro propón un repertorio de discursos posibles que, á maneira de agrupamentos de obras ou quendas, nos permiten tecer unha rede intereses e afectos, por veces íntimos e outras veces non tanto…
