Novos Imaxinarios

Novos imaxinarios

2025
978-84-453-5531-2
25,00 €
Autores/as:
Cristina Álvarez López, Nicolás Combarro, Miguel Ángel Delgado, Santiago Olmo, Alberte Pagán, Luis E. Parés, Marina Vinyes Albes
Páxinas:
184
Dimensións:
25,5 x 18 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Colección:
CGAC PLURAL
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Novos imaxinarios profunda na creación cinematográfica recente, en España e Portugal, e contextualízaa no marco dunha reflexión sobre o cinema máis alá da pantalla, onde as salas do museo proporcionan un lugar específico para proxectar novos imaxinarios. A mostra acolle propostas, ben inéditas ou ben presentadas por primeira vez en Galicia, de Oliver Laxe, Susana de Sousa Dias, Albert Serra, Helena Girón e Samuel M. Delgado, Lois Patiño, Salomé Lamas, Isaki Lacuesta e Laida Lertxundi.

No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas cinematográficas con propostas instalativas que ocupan dúas plantas do museo; novas linguaxes que nos achegan realidades desde unha perspectiva contemporánea á vez que nos mostran as posibilidades narrativas e físicas dun medio en constante reinvención.