Rene Heyvaert
Rene Heyvaert

René Heyvaert

2023
978-84-453-5439-1
40,00 €
Autores/as:
Santiago B. Olmo, Pedro de Llano Cabado, Anne Heyvaert, Wouter Davidts e Antón Pereira Rodríguez
Páxinas:
309
Dimensións:
27 x 21 cm
Idiomas:
castelán - inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

A obra de René Heyvaert (Gante, 1929 - Scheldewindeke, Bélxica, 1984) é sobria, sinxela e á vez extraordinariamente complexa, ligada tanto ás vangardas históricas como ás súas propias circunstancias vitais.

Reflicte a mirada dun artista experimental que tentou buscar, ao clima que deixou a posguerra mundial, unha saída humana na que arte e vida se reconcilian propiciando una certa idea visionaria dunha utopía humilde. Falecido prematuramente á idade de 55 anos, exerceu unha intensa influencia en sucesivas xeracións de artistas do seu país, Bélxica, e é, por outra banda, un artista actualmente en fase de descubrimento e reconsideración.

Nesta publicación propoñemos a reconsideración e relectura global da súa obra desde os seus inicios no eido da arquitectura, até o desenvolvemento dun conxunto de obra singular que, desde unha posición profundamente marcada polo illamento derivado dos seus problemas de saúde, demostra un profundo coñecemento sobre as preocupacións e procuras da arte do seu tempo, tanto no seu país de orixe como fóra das súas fronteiras.