Roland Fischer. Camiño
84-453-3622-3
Tapa dura:
84-453-3621-5
25.00€ (rústica)
30.00€ (tapa dura)
A exposición documentada neste catálogo, Camino. Roland Fischer, é o resultado da viaxe que, a proposta do CGAC, realizou o fotógrafo na primavera de 2003 ao longo da ruta do Camiño de Santiago, desde Pamplona e Jaca ata Compostela. Escolleu como escenarios diversos lugares ao longo do camiño, despois de observar atentamente igrexas, templos, castelos e ruínas en localidades como Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, León, Astorga, Lugo e Santiago.
O camiño proposto polo fotógrafo, como non podía ser doutra maneira, non é convencional e debía rematar cun retrato colectivo de máis dun milleiro de peregrinos. Escolleu como escenario a Praza do Obradoiro, fronte á fachada barroca da catedral. Roland fotografou pacientemente o seu milleiro de peregrinos, mentres un grupo de estudantes tomaba nota dos seus nomes e lles facía unha pequena enquisa.
