SUSO FANDIÑO_WUNDERKAMMER

Suso Fandiño. Wunderkammer

2022
978-84-453-5436-0
40,00 €
Autores/as:
David Barro, Suso Fandiño, Mónica Maneiro, Santiago Olmo
Páxinas:
274
Dimensións:
21 x 28 cm
Idiomas:
galego - castelán - inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

En 1952 André Malraux publicaba Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital no que prefiguraba unha nova forma de concibir a Historia da Arte como disciplina aberta, na que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun entendemento cruzado, co que se abre lugar ás conexións indebidas, múltiples e baseadas nos afectos e as subxectividades. O museo imaxinario de Malraux achegábase en espírito aos procedentes do museo moderno, situándose perto dos gabinetes de curiosidades, as cámaras de marabillas nas que os burgueses e nobres do renacemento continuaban a tradición medieval coleccionando todo tipo de obxectos estraños xunto a obras de arte.

A exposición Wunderkammer, de Suso Fandiño insírese nesta tradicición e á maneira dunha cámara de marabillas, debuxa unha serie de percorridos e enlaces pouco habituais,  debuxando un espazo museístico no que as obras conectan entre si creando relacións punzantes. Esta publicación pretende activar no lector a necesidade de buscar significados ocultos reflexionando de xeito lúdico sobre cuestións como a morte do autor, a futilidade do discurso hexemónico na historiografía artística, o papel do espectador na arte, o xogo político de fronteiras o márketing ideolóxico, a oposición entre a baixa e a alta cultura ou a análise da linguaxe como sistema de configuración do pensamento.