A TRAMA RURURBANA

A trama rururbana. Documentos de traballo

2009
978-84-453-4765-2
14,00 €
Autores/as:
Cristina Anllo, Heriberto Cairo Carou, The Center for Urban Pedagogy (CUP), Mónica Cornejo, Sophie Hope, María Lois, Juan López Bedoya, Federico Martín Palmero, Carme Nogueira, Manuel Olveira, Doina Petrescu, Íñigo Pulgar Sañudo, Iria Sobrino
Páxinas:
146
Dimensións:
27 x 21 cm
Idiomas:
galego
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Os textos que conforman esta publicación son o resultado dunha investigación sobre a paisaxe en Galicia realizada durante o ano 2007 e parte do 2008. O título xeral do proxecto no que se encadra esta investigación, A trama rururbana, alude á realidade paisaxística que comezou este diálogo. Esta trama é o resultado de factores coñecidos: a improvisación urbanística, o desenvolvemento dun modelo de economía terciaria, a marxinación histórica de Galicia, a relación coa mobilidade dos habitantes, emigración/inmigración dentro e fóra da nosa comunidade... Pero a finalidade desta investigación non era deterse nestes fac-tores máis ou menos consensuados, como tampouco propoñer medidas correc-toras. Pola contra, un dos puntos de partida foi entender que os dous termos que definen esta realidade, o rural e o urbano, non existen como extremos senón como unha realidade cambiante e complexa.