A conexión entre arte e literatura foi un tema central nos debates sobre a complementariedade entre disciplinas creativas. Ao longo da historia, pintores e escritores compartiron inquietudes estéticas, cruzando as súas linguaxes para explorar novas formas de expresión. Desde as correspondencias de Poussin sobre escenas mitológicas até os manifestos das vangardas do século XX, o diálogo entre palabras e imaxes enriqueceu tanto as artes visuais como a creación literaria.
O CGAC acolleu en 1991 un seminario dirixido por José Jiménez que abordou este frutífero intercambio. As conferencias, agora reunidas nesta publicación coordinada por Josefa Carballo, non só revisitan as raíces históricas deste diálogo, senón que tamén achega valoracións actuais.
