Waltercio caldas_mais lugares

Waltercio Caldas. Máis lugares

2009
978-84-453-4759-1
26,00 €
Autores/as:
Luiz Camillo Osorio, Manuel Olveira
Páxinas:
170
Dimensións:
25 x 20 cm
Idiomas:
galego-castellano-inglés
Ilustracións:
b/n, color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

Waltercio Caldas. Máis lugares é o catálogo da exposición do mesmo título celebrada no CGAC entre os meses de setembro e decembro de 2008.

Na década de 1960 o concepto de sculpture as place (escultura como lugar) de Carl Andre parece reconstruir unha liña de intereses que o liga coas propostas construtivistas de El Lissitzky. A noción de espazo que subxace, e que o fai revolucionario, non consiste en colocar o espectador fronte a un obxecto, senón dentro dun espazo físico e conceptual. Nesta mesma liña de intereses artísticos, de especulacións plásticas e de discurso estético, Waltercio Caldas (Río de Xaneiro, 1946) traballa no difuso e expandido eido da escultura contemporánea ou, para sermos máis precisos, co espazo. Non co obxecto, ou co obxecto en ou dentro de unhas relacións espaciais, senón co espazo en si e con todo o seu potencial á hora de conformar a súa experiencia.