Carrusel de cabeceira

visitasconcita_1
visitasconcita_2
visitasconcita_3
visitasconcita_4
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3

Visitas con cita previa

VISITAS GUIADAS CON CITA PREVIA

VISITAS GUIADAS ÁS EXPOSICIÓNS 

De setembro a xuño.

O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

No caso dos grupos escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria, o persoal do Departamento de Actividades e Educación deseña, ademais, talleres didácticos específicos para complementar a visita ás mostras artísticas.

Duración aproximada das visitas:

  • Ciclo de educación infantil. Visita-taller: 60 minutos
  • Ciclo de educación primaria. Visita-taller: 60 minutos
  • Ciclo de educación secundaria, bacharelato e adultos: 50 minutos

SOLICITUDE:

Calquera colectivo que o desexe pode solicitar unha visita guiada escribindo unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com. O correo deberá conter a seguinte información: o nome do centro ou a persoa que formula a solicitude, o número de persoas de que consta o grupo, a súa idade e nivel de formación, o día e a hora en que desexan realizar a visita, un número de teléfono e un enderezo de correo electrónico.

VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA: O CGAC E A SÚA COLECCIÓN

De setembro a xuño.

Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.

O obxectivo deste servizo é achegar á arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.

  • DESTINATARIOS: Cursos de ESO e Bacharelato
  • DURACIÓN APROXIMADA: 60 minutos
  • REQUISITOS TÉCNICOS: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).

SOLICITUDE:

A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade dos participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.

SESIÓNS DIDÁCTICAS EN LIÑA. DESCUBRINDO Á ARTE CONTEMPORÁNEA

Nestas sesións didácticas realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. Combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.

O obxectivo desta actividade é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.

  • DESTINATARIOS: Cursos de Educación Primaria
  • DURACIÓN APROXIMADA: 50 minutos