COLECCIÓNS PÚBLICAS A DEBATE: A COLECCIÓN CGAC
ENCONTROS PARALELOS NO CGAC E NA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DA USC
O esforzo dedicado polos museos de arte contemporánea á construción e presentación das súas coleccións converteuse nunha prioridade e nun eixe discursivo fundamental dos debates artísticos.
A exposición Implosion: arte conceptual na Colección CGAC (1965-1975), entendida como un caso de estudo e como un primeiro paso cara a unha serie de exposicións que desenvolvan os discursos correspondentes a distintos períodos dentro da Colección CGAC, abre o debate sobre a dita colección, o seu futuro, a súa importancia e as súas necesidades, e asemade explora as súas posibilidades como a principal colección pública de arte contemporánea en Galicia.
PROGRAMA
29 DE NOVEMBRO
18:00 h. Hall do CGAC
Visita guiada á exposición Implosion: arte conceptual na colección CGAC (1965-1975)
19:00 h. Biblioteca do CGAC
Mesa redonda, coa participación de Rosario Sarmiento, Miguel Anxo Rodríguez e Iñaki Martínez Antelo.
Moderan: Santiago Olmo (director do CGAC) e Pedro de Llano (comisario da exposición)
30 DE NOVEMBRO
19:00 h. Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia
Mesa redonda, coa participación de Sara Donoso, David Barro e Juan de Nieves.
Moderan: Pedro de Llano (comisario da exposición) e Santiago Olmo (director do CGAC)
PERSOAS DESTINATARIAS
Esta actividade está dirixida a docentes, estudantes, historiadores e historiadoras, e persoas interesadas na arte.
INSCRICIÓN
Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse.
