O CONTEXTO DA MODA. Curso de cultura contemporánea e moda
A moda é un importante sector económico que ten cada vez unha maior presenza na vida cotiá: está nas rúas, nos medios de comunicación e forma parte da actividade lúdica e cultural. A moda é tan omnipresente que esperta en moitos e moitas de nós a curiosidade por atopar respostas a esa novidosa relevancia que acadou no século XXI.
Nos oito encontros que propón este curso afondaremos nas diversas facianas da moda. Analizaremos como e onde se produce, como se comunica e a súa relación con outras disciplinas, tales como a literatura, a historia, a socioloxía, a arte contemporánea, a industria e a ciencia. Falaremos tamén da programación de moda nos museos e doutros espazos onde se mostra.
PROGRAMA
23 ABRIL
Un mundo mellor. Grandes creadores e creadoras en relación co seu contexto histórico
30 ABRIL
Os límites da moda. As coordenadas que ten que respectar a moda na actualidade e na historia
7 MAIO
A divulgación da moda. Os procesos para chegar á clientela na era contemporánea
14 MAIO
O impacto na xeopolítica. As diversas relacións do contexto político e social na industria téxtil na historia
21 MAIO
Educando sobre moda. Que pode e que debe facer a moda. Moda e ciencia
28 MAIO
A expresión da moda. Museos e enderezos onde atopamos a indumentaria
4 XUÑO
Moda e literatura. Onde atopamos moda nos libros
11 XUÑO
A arte, tamén a moda. A escena da moda creada por artistas
ROMÁN PADÍN OTERO (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1966) é autor, creador, conferenciante e docente. Doutor en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo, está especializado en moda, museos, téxtil e tendencias.
Durante unha década impartiu a materia Análise de Tendencias de Moda na Escola Superior de Deseño e Moda (Esdemga) da Universidade de Vigo. Actualmente, imparte materias do módulo Liñas de Investigación, no mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda desa mesma universidade. É profesor convidado no CSDMM (Universidade Politécnica de Madrid).
É curador e conservador do gardarroupa de concerto de Teresa Berganza e autor do libro Historia de las tendencias de moda (Dextra, 2023).
PERSOAS DESTINATARIAS
O curso está dirixido a profesionais do sector, estudantes de moda, arte, deseño e a calquera persoa interesada no tema proposto.
INSCRICIÓN
O prazo de inscrición estará aberto desde o 17 de febreiro ata o 21 de abril de 2025. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Nela deberán indicar seguintes datos: apelidos, nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, enderezo electrónico e teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, as persoas rexistradas recibirán a información precisa para efectuar o pagamento.
CERTIFICACIÓN
O CGAC expediralles un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que participen, como mínimo, no 75% das sesións.
