PEQUENA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA

Pequena historia da fotografía. Fondos das coleccións do CGAC

2009
978-84-453-4752-2
15,00 €
Autores/as:
Manuel Segade
Páxinas:
155
Dimensións:
16,5 x 22 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
b/n, color
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Pequena historia da fotografía é o catálogo da exposición do mesmo título celebrada no CGAC entre os meses de marzo e maio de 2009.

O punto de partida para Pequena historia da fotografía é unha peza de Iñaki Bonillas que leva ese título que Walter Benjamin dera a un dos seus ensaios. A obra do mexicano componse de trinta caixas de luz nas que recolle trinta álbums de fotografías da colección da súa familia. Esta pequena historia é, xa que logo, unha historia persoal: a posible a partir dunha escolma previa que deixa unha herdanza concreta. Cun proceder similar, facendo unha reflexión macro dunha situación micro, esta exposición toma unha pequena parte dos fondos existentes no CGAC para contar esta pequena historia da fotografía contemporánea.

 

ESGOTADO