As nove películas que conforman este primeiro ciclo de cinema do CGAC en 2014 abren as súas ás sobre o que foi o século XX italiano.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Coa chegada do nadal o CGAC presenta a súa proposta acostumada de actividades para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que terán a oportunidade de vivir e explorar a arte contemporánea da man de artistas e doutros profesionais do mundo da cultura.
Coa chegada do Nadal, o CGAC propón varios talleres de creación artística para nenas e nenos de 6 a 9 anos, nos que poderán explorar e experimentar a natureza a partir da exposición do artista Fernando Casás, o agora xa foi e o denantes será. A artista e educadora Paula Pellón, guiará os grupos na busca de expresións persoais e procesos artísticos coa natureza como inspiración, material de traballo e marco de acción.
En vindeiros días teremos novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para a exposición Jeff Wall: The Crooked Path.
Un ano máis o CGAC súmase a Cineuropa, o festival compostelán que neste 2013 celebra o seu 27.º anivesario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 8 e o 29 de novembro. Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival.
Música e arte. Correspondencias sonoras, continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións que cada tempada se desenvolven no CGAC. Con esta nova edición, o ciclo consolídase como unha das citas máis relevantes da creación musical en Galicia.
14 , 28 de setembro e 5 de outubro O curso preséntase como un espazo de reflexión no contexto da música contemporánea, unha viaxe atemporal na que o musicólogo Emilio Lede propón percorridos creativos pola historia da música co obxecto de desentrañar algunhas das claves que configuran a creación musical de todos os tempos.
Venres, 5 de xullo, na sala de exposición terá lugar a lectura pública na que se presentarán os resultados do traballo realizado polos participantes no taller Conversas colectivas co artista Ricardo Basbaum ao longo da semana.
28 xaneiro - 1 febreiro O principal obxectivo do seminario Arte e subxectividade é evitar que se cree unha única vía de pensamento sobre o universo artístico. Para iso traballaremos cunha idea que considero fundamental: a política como ética e a ética como política. A ética tratada sen sentido moral e a política no sentido máis totalizador, como elemento de enfrontamento e cuestionamiento da codificación da realidade alienante e…
