Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

21 Xaneiro 2027 - 22 Abril 2027
Xoves de 18:00h a 19:30h

Sobre a arte do século XX (tamén sobre a do XXI) pesa un notable paradoxo: sendo o século máis impopular, é o máis popular dos séculos. Porén, a incomprensión arredor dos procesos de creación contemporánea na música non é un fenómeno exclusivo destes dous últimos séculos, senón que é algo histórico.

1 Outubro 2026 - 3 Decembro 2026
xoves de 19:00 a 20:30 h

Neste curso mergullarémonos na posfotografía como campo estendido de prácticas, discursos e actitudes críticas cara á produción, a circulación e o consumo de imaxes na era dixital.

7 Febreiro 2026 - 21 Novembro 2026
MODALIDADE PRESENCIAL: sábados de 10:00 a 14:15 h e de 16:00 a 19:30 h
MODALIDADE EN LIÑA: venres 8 de maio de 18:00 a 20:30 h e sábado 9 de maio de 10:00 a 14:30 h

Poucos temas son tan transversais e están tan presentes na educación, a arte e a vida como a identidade. Por iso, nesta ocasión Arte na aula convídanos a reflexionar sobre aquilo que nos define, nos distingue e nos une, a coñecer referentes artísticos e a explorar a identidade a través de ferramentas plásticas.

29 Xaneiro 2026 - 21 Maio 2026
Xoves de 19:00 a 20:30 h

Este curso propón unha apaixonante exploración sobre como os diferentes xeitos de entender a fotografía nas últimas décadas configuraron un mapa do estado actual desta arte.

18 Febreiro 2026 - 25 Marzo 2026
Mércores de 19:00 a 20:30 h

A escenografía volveuse unha das claves dos desfiles nos que as grandes firmas de moda mostran as súas coleccións. As marcas non só buscan atraer o público pola súa roupa, senón tamén polos grandes shows que envolven as presentacións sobre a pasarela.

14 Outubro 2025 - 16 Decembro 2025
Martes de 19:00 a 20:30 h

Este curso ten como finalidade ofrecer unha análise completa das principais correntes, artistas e problemáticas que configuraron a historia da arte desde finais do século XIX ata os nosos días.

Partindo das vangardas históricas e das súas orixes, examinaranse as transformacións estéticas, conceptuais e institucionais que redefiniron o que hoxe entendemos por arte.

8 Marzo 2025 - 22 Novembro 2025

MODALIDADE PRESENCIAL: sábados de 10:00 a 14:15 h e de 16:00 a 19:30 h
MODALIDADE EN LIÑA: venres 25 de abril de 18:00 a 20:30 h e sábado 26 de abril de 10:00 a 14:30 h

A vida, a escola e a arte son de cor. Este é un dos recursos fundamentais para a lectura e a creación de imaxes, está presente no currículo durante todas as etapas educativas e é un eixe transversal que nos permite aprender desde diferentes áreas.

23 Abril 2025 - 11 Xuño 2025
Mércores de 19:00 a 20:30 h

A moda é un importante sector económico que ten cada vez unha maior presenza na vida cotiá: está nas rúas, nos medios de comunicación e forma parte da actividade lúdica e cultural. A moda é tan omnipresente que esperta en moitos e moitas de nós a curiosidade por atopar respostas a esa novidosa relevancia que acadou no século XXI.

28 Xaneiro 2025 - 20 Maio 2025
Martes de 19:00 a 20:30 h

Este curso realiza un percorrido en imaxes desde o xurdimento das vangardas artísticas, nos inicios do século XX, ata a aparición do posmodernismo, na década de 1970, un período que supuxo unha transformación radical na maneira de entender a fotografía.