Este curso propón revisitar os acontecementos e personaxes esenciais que operaron, desde os primeiros vinte anos do século XX ata os primeiros vinte do século XXI, como centros de opinión para a construción das tendencias de moda e estilo de vida desde a modernidade das vangardas ata a contemporaneidade cultural hip-hop.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Cando o século XXI non se volvera aínda definitivamente anómalo, o cinema xa incubaba o xerme dunha indefinible estrañeza nos seus relatos alterados.
Debido á gran demanda e despois dun tempo marcado pola distancia, o programa Arte na aula retoma a formación presencial cun curso que xa se impartiu en liña en 2021: Os artistas contemporáneos como punto de partida de propostas didácticas.
Cada nova edición do curso Intrahistorias da arquitectura pretende achegarnos á arquitectura e ás súas derivadas dun modo diferente.
O contido deste curso abarca desde principios do século XX ata a Segunda Guerra Mundial, cuxo estalido constitúe a primeira gran quebra na traxectoria da cultura e da arte. Un período que xorde en distintos puntos de Europa e que supón unha das etapas máis creativas da súa historia.
O presente curso monográfico ofrece unha reflexión acerca da transversalidade entre dúas disciplinas artísticas, a moda e a pintura, a través da obra dunha serie de artistas ás que chamamos “evanxelistas da moda”. Falamos de catro artistas femininas que, desde a vangarda contemporánea, lle insuflaron vida nova á arte e souberon romper os canons establecidos, tanto nas súas biografías como na súa indumentaria.
Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable desde un presente escuro cara a algún futuro, mellor pero tamén inalcanzable.
A arte contemporánea entrou nas aulas como eixo de aprendizaxe, pero habitualmente faino da man de artistas como Picasso, Miró, Van Gogh ou Kandinsky. Figuras importantes, sen dúbida, pero tamén afastadas xa do noso tempo e que non reflicten algunhas cuestións transversais, presentes no ámbito educativo, como son a conexión co cotián, a paridade ou a sustentabilidade.
Neste terceiro curso sobre as intrahistorias da arquitectura exporemos novos temas e profundaremos noutros xa tratados en edicións anteriores. Partiremos da arquitectura como eixe vertebrador para achegarnos transdisciplinarmente á arte, á cultura, á política, á historia, á artesanía, á economía, á estética e á educación.
