A arte contemporánea entrou nas aulas como eixo de aprendizaxe, pero habitualmente faino da man de artistas como Picasso, Miró, Van Gogh ou Kandinsky. Figuras importantes, sen dúbida, pero tamén afastadas xa do noso tempo e que non reflicten algunhas cuestións transversais, presentes no ámbito educativo, como son a conexión co cotián, a paridade ou a sustentabilidade.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Neste terceiro curso sobre as intrahistorias da arquitectura exporemos novos temas e profundaremos noutros xa tratados en edicións anteriores. Partiremos da arquitectura como eixe vertebrador para achegarnos transdisciplinarmente á arte, á cultura, á política, á historia, á artesanía, á economía, á estética e á educación.
Dirixen: Vicente Blanco e Salvador Cidrás
Concepción e coordinación: Natalia Poncela
Coordinación CGAC: Gema Baños
Neste seminario Salvador Cidrás e Vicente Blanco abordarán o seu traballo como promotores do grupo Escola Imaxinada, un colectivo independente e sen ánimo de lucro composto por profesionais do campo das artes, a arquitectura, a filosofía e a educación infantil e primaria, cuxos obxectivos son: achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes e contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade para a aula.
O presente curso ofrece unha reflexión sobre as orixes da moda a finais do século XIX e comezos do século XX. Con esta premisa analizaremos a súa contextualización histórica, semiótica e social, e as súas relacións con outras disciplinas artísticas como a literatura e a arte. Como apuntaba Emilia Pardo Bazán na súa obra Cuarenta días en la exposición, “A moda non é algo arbitrario.
Por cada película que chega ver a luz son moitas as que permanecen no limbo do infilmado. Estas últimas son as únicas películas perfectas porque só existen en potencia, como idea ou como soño, e non sufriron o choque co real. En cambio, as que si chegaron a existir serán sempre e necesariamente imperfectas, un catálogo de compromisos e renuncias e, quizais, dalgúns felices encontros. “Todo é posible a condición de ser o…
O termo ópera pode evocar unha arte destinada ao mundo burgués, ou cando menos, allea ás inquedanzas propias do século XXI, coas súas controvertidas e poliédricas visións da arte e do ser humano.
Despois dun primeiro ciclo de cursos dedicados á aprendizaxe globalizada da lingua, as matemáticas e o coñecemento do medio natural a través da plástica, incorpórase a este programa de educación artística un tema transversal presente en todas as etapas educativas: a identidade.Este eixe, de enorme importancia na arte contemporánea e na vida, permitiranos coñecer numerosos referentes creativos e investigar sobre o eu e o nós a través da…
Acceso online para os participantes xa inscritos, a través da plataforma Zoom. Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h A segunda edición do curso Intrahistorias da arquitectura continuará tratando áreas transversais a esta disciplina. Trataremos temas como a innovación, os arquitectos inventores, a educación a través do xogo de construción, a bioconstrución, as ricas relacións entre a arquitectura e o deseño ou a arquitectura e a arte…
Alegacións a medida persegue o serpeante percorrido social, económico e cultural do século XX en Occidente a través da evolución da vestimenta. A moda, en estreita relación coa arte, a música e o cinema ao longo do século, é manifesto fiel da historia do seu tempo.
