Dem. Encontro con... Eduardo Kac propón enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, coa autopoética, coa mirada allea, a Eduardo Kac, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do poshumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín González (USC) e Eugenio Viola, director do programa Project Room do Museo d´Arte Contemporanea Donnaregina (Nápoles).
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Este máster céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abranguendo dende aspectos conceptuais e prácticos sobre a crítica, ata o mundo dos museos e as exposicións, a súa xestión, a súa produción e montaxe, didáctica e demais actividades envorcadas no achegamento da arte á sociedade actual.
