Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h “Disidentes!”, así cualificaban os membros da Fronte Popular de Xudea os da Fronte Xudaica Popular, e era tamén o berro que lle dirixían ao único membro da Unión Popular de Xudea, sentado unhas bancadas máis abaixo. Esta mítica escena de A vida de Brian (1979) dos Monty Python ilustra graficamente a etimoloxía de dissidere: o acto físico de “sentar á parte”, de “estar separado” e de aí, por…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Repetimos este ciclo de cursos prácticos para docentes que presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula. O programa está estruturado ao redor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.
A partir dalgunhas das obras presentes na exposición We Refugees, o seminario aborda, a través de textos artísticos e teóricos, unha xenealoxía da constitución do espazo moderno e contemporáneo como un lugar residual, onde as persoas disidentes, desprazadas, refuxiadas ou consideradas unha ameaza para a orde político-racial- social son canalizadas, contidas e, en determinadas circunstancias históricas, mesmo aniquiladas.
Intrahistorias da arquitectura é un programa nado con vocación didáctica, un curso apoiado no impulso investigador e científico, con carácter divulgador e crítico.
Os modelos discursivos aplicados á análise da arte van mudando ao mesmo tempo que as propias tendencias, coas achegas de investigadores que formulan novas propostas teóricas e metodolóxicas. Nestas xornadas pretendemos presentar algúns dos enfoques máis innovadores que se están a aplicar ao estudo do fenómeno artístico tanto desde a historia da arte como desde a estética.
A arte do pasado século e a dos nosos días proxectan un desenvolvemento cheo de descontinuidades ateigado de referencias e de linguaxes que se encadean coa tradición artística occidental ou, polo contrario, co seu rexeitamento. A súa interpretación ofrécenos unha variedade de estratexias operativas suxeitas ao hábitat creado polas condicións ambientais de cada momento e á acción particular de cada autor.
Desde que o cinema comezou a contar historias, o centro de atracción de infinidade de películas, independentemente do xénero ao que pertenzan, ocupouno a inevitable historia de amor. O corpo e o rostro das stars convertéronse no centro de atracción da pantalla, en obxectos de admiración para cineastas e espectadores.
O modo de abordar a paisaxe, de representar o territorio ou de mirar aquilo que pensamos, encóntrase condicionado por unha gran trama cultural; e son de múltiple natureza os elementos que interveñen na súa construción física ou imaxinaria.
Este ciclo de cursos prácticos para docentes presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula. O programa está estruturado ao redor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.
