Os corpos do cinema é unha reflexión sobre a figura e a súa relación cos espazos no medio audiovisual. Baixo este pretexto, analizaremos como o corpo transita en diferentes contextos cinematográficos, ben desde unha perspectiva de xénero (comedia, musical, western...), de cineastas (Jacques Tati, Michelangelo Antonioni, Béla Tarr, Leos Carax...) ou de narrativas e espazos diversos (personaxes errantes, a cidade, a estrada, a adolescencia,…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
A historia da humanidade é tamén a historia da mirada. Da luz das estrelas ás sombras das cavernas, o ser humano tratou sempre de ver máis aló, de transcender a súa realidade cotiá. E coa súa insaciable pulsión escópica, coa súa resistencia a pechar os ollos, naceron tamén a ilusión, o soño e a fantasía: o desexo, en definitiva. O cinema chegou moito despois, como prolongación natural dese desexo.
Tentativas críticas. Debates é o núcleo discursivo e teórico do proxecto expositivo (Ex)posicións críticas, que se completa coa edición de tres números dunha revista onde, entre outros contidos e xunto coas intervencións dos participantes nas mesas, se publicarán os diálogos dos comisarios do proxecto con Jesús Palomino, María de Corral e Simón Marchán. En ningún caso deben entenderse como actividades paralelas ou complementarias, senón como…
Con motivo da clausura da exposición Cut Through the Fog o CGAC organiza unha charla sobre arquitectura vinculada á obra da artista Eva Lootz.
Ruraldecolonizado é un proxecto que parte da seguinte cuestión: están a ser os coñecementos xerados dende o medio rural marxinados en favor dos que proveñen das cidades? Mediante a metodoloxía das conversas camiñadas foise tratando de responder a esta pregunta coa axuda de veciños e veciñas de zonas rurais do nordés ibérico. O proxecto baséase no entendemento das devanditas zonas rurais non so como espazos de produción de alimentos e materias…
A televisión é esencial para entender a evolución histórica da imaxe e da cultura audiovisual. Desde o seu nacemento revelouse como o medio de comunicación de masas máis influínte debido á súa inmediatez e a unha capacidade case innata por adaptarse aos gustos do espectador.
Estes encontros pretenden ser un lugar de traballo e reflexión ao redor do presente e do futuro dos centros e institucións de arte contemporánea. Nun momento de cambios, tanto na esfera social e política coma na dirección do propio CGAC e doutras institucións públicas galegas, cremos oportuna esta cita para falar sobre o modelo de museo que queremos e necesitamos, compartindo experiencias de profesionais da escena galega e tamén de fóra de…
A chegada do século XXI non só non supuxo a enésima morte do cinema senón que inaugurou a última (polo de agora) das súas moitas vidas. Unha nova etapa de apaixonantes transformacións non só tecnolóxicas (cinema dixital, 3D, distribución por Internet...) senón tamén xeográficas (eclosión de Asia, da América latina ou dos países do Leste), de cambios no propio estatuto das imaxes (imaxe dixital fronte a imaxe fílmica) ou na…
Coa intención de promover encontros para a reflexión entre os profesionais do sector, o IAC organiza desde 2014 mesas redondas abertas ao público en colaboración con distintas institucións españolas dedicadas á arte contemporánea.
