A aparición e o auxe dos novos medios como internet ou os videoxogos a finais do século pasado provocaron que a televisión se desprazase do centro do ecosistema mediático. Os novos contornos supuxeron para os medios clásicos unha necesidade de adaptación á realidade emerxente. A televisión non foi allea a estes cambios, a estes novos consumidores de contidos chegados do mundo dixital. Foi necesaria a elaboración dunha nova estratexia…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
A irrupción de internet, ou os avances tecnolóxicos que hoxe permiten e pautan o rexistro e a reprodución de imaxes e sons, provocou un xiro evidente na relación que vincula a imaxe cos seus potenciais consumidores. Entre as cuestións que esta nova dispoñibilidade trae consigo, é oportuno incidir no modo en que innumerables procedementos de xestión e difusión de imaxes a nivel industrial ou doméstico se ven hoxe ameazados por…
14 , 28 de setembro e 5 de outubro O curso preséntase como un espazo de reflexión no contexto da música contemporánea, unha viaxe atemporal na que o musicólogo Emilio Lede propón percorridos creativos pola historia da música co obxecto de desentrañar algunhas das claves que configuran a creación musical de todos os tempos.
31 outubro O seminario Surrealismo e cinema experimental desenvólvese arredor da mostra Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos, que se centra na produción fílmica do artista e completa un percorrido expositivo trazado na cidade de Santiago de Compostela con motivo do centenario do seu nacemento, ofrecendo unha visión poliédrica dun dos creadores e intelectuais máis completos da escena plástica da segunda metade do século…
Este xoves ás 19.30 horas o auditorio do centro acollerá unha conversa entre o artista, Jeff Wall, cuxa exposición será inaugurada o sábado, 12 de novembro. Xunto a el estarán o comisario da mostra, Joël Benzakin, e o director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez. A entrada será de balde até completar aforo.
O VISIBLE E O VISUAL 11-12 xullo O CGAC invita a artistas profesionais ou en formación a participaren nun encontro con Ignasi Aballí, no cal se debaterá acerca da importancia e da hexemonía do visual sobre outros sentidos no mundo contemporáneo. A presenza e mais a produción compulsiva de imaxes fan necesaria unha reflexión sobre como desde a arte se poden abordar as cuestións da visibilidade, adoptando un punto de vista crítico e unha…
A proliferación de equipamentos culturais por toda a xeografía ibérica xerou un mapa aparentemente amplo de puntos de produción artística. A abundancia de salas de exposicións, centros e museos de todas as escalas indica un investimento moito maior do que en épocas pasadas. Aínda que, desde o punto de vista económico, o impacto destas institucións resulta incuestionable, a súa capacidade de xerar ou acoller propostas innovadoras, que supoñan…
O auditorio do CGAC acollerá os vindeiros 10 e 11 de marzo en horario de 16 a 20 horas unha Master Class Vocal a cargo de Dead Bowman. Os interesados deben poñerse en contacto coa Escola de Música Estudio a través do enderezo de correo electrónico ara.corodecor@yahoo.es ou no teléfono móbil 652-182540
