Un ano máis, O CGAC organiza un ciclo de talleres sobre arte contemporánea para familias. Pais, nais, tías, tíos, avoas, avós... poden gozar cos máis pequenos investigando e experimentando coa arte en sesións prácticas de creación. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes. Esta edición estará dedicada á arte contemporánea e o movemento. A través da obra de seis artistas trataremos diversos bloques temáticos relacionados con este concepto: a busca do movemento na pintura e na escultura, a creación co corpo en movemento e a consecución do movemento con recursos como o vídeo ou mecanismos de acción presentes na produción artística dos séculos XX e XXI.
- Inicio
- Busca
Busca
Este ciclo de cursos prácticos para docentes presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula. O programa está estruturado ao redor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.
