A celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) serve unha vez máis como punto de partida do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova múica. A identidade do ciclo constitúea a creación musical xerada a partir das exposicións do CGAC e esta nova edición incorpora actividades didácticas coa realización de ensaios xerais abertos a escolares e actividades específicas para estudantes de música, xunto aos habituais ensaios abertos ao público e as conversas cos compositores.
- Inicio
- Busca
Busca
É posible empregar a arte contemporánea como un recurso transversal na aula? Trataremos de responder a esta pregunta ao longo deste taller teórico-práctico no que traballaremos con distintos procesos de creación empregados na arte contemporánea. A partir da exposición de Antoni Muntadas no CGAC, Estratexias do desprazamento, exploraremos algúns dos conceptos presentes no traballo deste artista para desenvolver actividades e procesos que se poden levar a cabo na aula no contexto do traballo por proxectos.
