Este ano o Consello Internacional de Museos (ICOM), que desde 1946 acompaña os axentes da comunidade museística na súa misión de preservar, conservar e transmitir os bens culturais, propón traballar arredor do lema Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos. Cada 18 de maio, co obxectivo de subliñar o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade e da cultura, o CGAC súmase á celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) cunha semana chea de actividades dirixidas a todos os públicos.
- Inicio
- Busca
Busca
O taller consiste en repetir unha serie de obras de arte para poder vivir experiencias que só o autor viviu e que nos son vedadas aos demais artistas polo respecto á autoría, por aquilo de que xa se fixeron unha vez. Os traballos son sinxelos en canto á súa factura, simples na súa estrutura e baratos.
