A moda é un importante sector económico que ten cada vez unha maior presenza na vida cotiá: está nas rúas, nos medios de comunicación e forma parte da actividade lúdica e cultural. A moda é tan omnipresente que esperta en moitos e moitas de nós a curiosidade por atopar respostas a esa novidosa relevancia que acadou no século XXI.
- Inicio
- Busca
Busca
Un ano máis, percorreremos as rúas de Santiago de Compostela para falar, nesta ocasión, da arquitectura como contedor de espazos culturais. Para iso deterémonos nalgúns destes lugares nos que, máis alá de limitarse a crear espazos destinados a prestar un servizo, a arquitectura pode, e debe, ser un elemento inspirador que acompañe e mellore a experiencia da visita.
Desde que o cinema comezou a contar historias, o centro de atracción de infinidade de películas, independentemente do xénero ao que pertenzan, ocupouno a inevitable historia de amor. O corpo e o rostro das stars convertéronse no centro de atracción da pantalla, en obxectos de admiración para cineastas e espectadores.
Con relevantes traxectorias individuais, Concha Jerez (As Palmas de Gran Canaria, 1941) e José Iges (Madrid, 1951) desenvolveron de forma paralela, desde hai máis de tres décadas, unha produción común. Con motivo da exposición Resignificacións, presentarán en vivo no CGAC algúns dos seus traballos individuais e conxuntos. O centro organizará ademais unha mesa redonda na que os artistas falarán sobre a evolución da súa obra con varios especialistas do eido nacional.
O CGAC, en colaboración coa empresa Fresdeval Films, acollerá no seu auditorio a preestrea en Galicia da película Morlaix (Jaime Rosales, 2025) que xa se levou a cabo noutros museos e universidades de España. Tras a proxección do filme, terá lugar un debate no que participarán o director, Jaime Rosales; a catedrática en Comunicación Audiovisual, escritora, investigadora e cineasta Margarita Ledo e o director do CGAC, Santiago Olmo.
A vida, a escola e a arte son de cor. Este é un dos recursos fundamentais para a lectura e a creación de imaxes, está presente no currículo durante todas as etapas educativas e é un eixe transversal que nos permite aprender desde diferentes áreas.
O forno da Amara é un proxecto de participación cidadá cuxo obxectivo é tender pontes entre o CGAC e os habitantes máis veteranos dos barrios veciños.
Dende este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente que tódolos públicos poderán disfrutar. O festival desenvolverase durante unha semana ofrecendo diversas actividades en torno á danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.
Este programa ten como obxectivo achegar a música contemporánea ao público infantil e espertar nas novas xeracións a curiosidade pola arte do noso tempo.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que corresponden as competencias en materia de fomento da cul
Esta mostra recolle unha serie de publicacións periódicas en diferentes formatos. Algunhas distribúense de maneira gratuíta e con formatos de edición barata, mentres que outras son facsímiles de revistas de principios do século XX.
