O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións que cada tempada desenvólvense no CGAC, centro que en 2012 constitúese nun verdadeiro espazo de creación musical. Vertixe Sonora, a ensemble encargada de organizar o ciclo, comisiona novas creacións a compositores de prestixio do panorama internacional coa premisa de transitar polas encrucilladas propostas polo Centro Galego de Arte Contemporánea.
- Inicio
- Busca
Busca
Ao longo de tres xornadas, Miguel Ángel Delgado proponnos reflexionar sobre unha selección de obras de cineastas e artistas galegas que, coas súas prácticas e a súa experimentación na intersección
Durante as vacacións de nadal o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición «Y», do artista Álvaro Negro. Unhas actividades dirixidas aos máis pequenos coas que poderán experimentar e explorar a arte contemporánea. Un tempo para coñecer e mergullarse nos procesos creativos a través das linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos propios da arte máis actual. Para os máis novos, Adrián Taracido deseñou un obradoiro arredor da materia, as texturas e a pegada. Lara Torres traballará coa natureza como escenario de cambios lumínicos, cromáticos, climáticos e ambientais cos nenos e nenas de 7 a 9 anos.
O catálogo da exposición Almudena Fernández Fariña.
