A partir do concepto de resignificación, esta mostra conxunta reúne obras realizadas entre 1989 e 2023. Baixo esta idea, o que Iges e Jerez propoñen é, nas súas propias palabras, “unha operación que permite asignarlles a un obxecto, a un medio ou a unha situación calidades ata ese momento inesperadas, imprevistas”.
- Inicio
- Busca
Busca
Maria Callas, unha cantante de ópera que transcendeu ese ámbito artístico para converterse nunha icona cultural con millóns de seguidoras e seguidores en todo o mundo, e que deu orixe á mitomanía que todas as sopranos actuais deben afrontar dun xeito ou doutro.
O programa de concertos abertos busca achegar a música contemporánea e de vangarda a todos os públicos para dar testemuño das infinitas vías que esta disciplina posibilita. Camiños diversos, inauditos e divertidos, na procura da excelencia musical e performativa, e tamén dos procesos liberadores das artistas que os transitan.
Este curso debuxa o pasado, o presente e o futuro das culturas contemporáneas e das modas, ao tempo que transita pola fina liña que separa o divismo na arte do divismo na rúa.
A obra de Priscilla Monge foi frecuentemente incluída na escena posconceptual latinoamericana dos noventa, pero hai que ter en conta que neses anos nin Costa Rica nin a rexión centroamericana á que pertence figuraban nos mapas da arte latinoamericana recoñecida internacionalmente.
Un ano máis, o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 h, desde outubro ata xuño (agás no mes de xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría. Este ano a Asociación Galega da Crítica unirase aos filocafés no CGAC.
Propoñemos un novo percorrido arquitectónico que anime a todos os públicos a percorrer a cidade e gozar da súa arquitectura para descubrir aqueles espazos urbanos que experimentaron transformacións nas últimas décadas.
Vivimos rodeados de imaxes e temos, máis ca nunca, acceso a ferramentas que nos permiten crear mensaxes visuais ou audiovisuais e compartilas.
O obxectivo deste programa é fomentar e facilitar o diálogo entre o público e a arte contemporánea co ioga como ferramenta para a mediación.
Os mércores á tarde contaremos con esta nova actividade dirixida ao público infantil. O seu obxectivo é estimular o interese das persoas máis novas na creación artística contemporánea e incentivar a aprendizaxe a través da experimentación coa arte.
No marco do seu programa de artistas de media carreira, o CGAC presenta unha mostra individual da artista Mar Caldas, pioneira da praxe artística feminista en Galicia. A súa obra, fundamentalmente fotográfica, renova sempre o seu cariz reivindicativo para atender aos diferentes atrancos que, pola súa condición, atenazan a vida das mulleres.
Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.
O CGAC propón un ano máis un ciclo de talleres dedicados á arquitectura contemporánea para público infantil. Os talleres estarán dirixidos polo arquitecto Fermín Blanco e impartidos polo equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
Despois de se presentar na Fundaciou Antoni Tàpies, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a primeira exposición retrospectiva no ámbito europeo da artista brasileira de orixe italiana Anna Maria Maiolino (Scalea, 1942), cuxa obra constitúe un referente para artistas de distintas xeracións, tanto no seu país como a escala internacional.
Salto cuántico é unha escultura interactiva que conta con tres módulos móbiles e intercambiables. Toma a estrutura das primeiras computadoras dos anos corenta, tótems contemporáneos sobre rodas que permiten actualizacións constantes que fan desta unha escultura aberta no espazo cuántico.
As relacións entre arte e ciencia non sempre son evidentes e, en ocasións, mesmo pode custar entendelas. Con todo, historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas.
Unha visión ampla e comprensiva da obra de Antón Lamazares a través da súa produción artística e do seu periplo vital. Unha viaxe no tempo a través das obras resultantes do traballo e da entrega ao singular exercicio de querer mostrar.
