Documentación

O CGAC dispón dun arquivo de imaxes das obras pertencentes aos fondos das coleccións depositadas no centro.

Para solicitar fotografías deste arquivo co fin de reproducilas ou publicalas en calquera soporte é preciso cubrir o seguinte formulario. O persoal do centro responderá á súa petición por correo electrónico tan pronto como sexa posible.

Lembre que obras fotografadas poden estar suxeitas a dereitos de autor. É responsabilidade do solicitante obter do artista, dos titulares dos dereitos ou da entidade de xestión correspondente os permisos necesarios para o seu uso.

Se a solicitude de imaxes a formula un medio de comunicación, deberá ir dirixida a cgac.prensa@xunta.es.

Imaxes en alta resolución

Non hai imaxes en alta resolución nestes momentos.