A exposición Teoría e práctica do deserto, expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo. Nos seus traballos aparece unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas, subliñando a importancia das actitudes no cotián.
- Inicio
- Prensa
- Novas
Novas
Xoves, 29 de Outubro do 2015
JAVIER VALLHONRAT. INTERACCIÓNS
O proxecto Interaccións desenvolveuse en contornas de alta montaña e de meteoroloxía extrema. O artista traballou nestes ámbitos creando imaxes onde a incerteza e a imprevisibilidade se confrontan coa humana necesidade de control e previsibilidade. A experiencia do tempo lento e o espazo incerto da alta montaña, danse en condicións que propician a sensación de vulnerabilidade. En tales circunstancias, a percepción do nicho ecolóxico e geoclimático da alta montaña, alleo e ameazante, transfórmase paulatinamente en percepción dun lugar igualmente vulnerable, no que o coñecemento e a experiencia inmediata poden dialogar fronte a condicións de incerteza.
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Venres, 18 de Setembro do 2015
ARISSA. A SOMBRA E O FOTÓGRAFO 1922-1936
A sombra e o fotógrafo amosa a evolución de Arissa desde o pictorialismo até a vangarda da Nova Visión, e faino a través dunha coidada selección de máis de cento cincuenta fotografías realizadas entre 1922 e 1936. Estas imaxes fálannos dun fotógrafo do seu tempo, que participa dos avances tecnolóxicos e as novas correntes artísticas do medio achegando a súa visión particular a partir dos experimentos realizados na intimidade do seu pequeno taller.
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Venres, 24 de Abril do 2015
VAL DE OMAR. A MECAMÍSTICA DO CINE
A obra de José Val del Omar (Granada, 1904-Madrid, 1982) é o resultado das súas facetas de inventor, poeta visual e cinemista. Con este neoloxismo Val del Omar quixo unir a actividade do alquimista e a do cineasta e definir deste xeito a súa orixinal aproximación ao cinema: a través da investigación tecnolóxica e dunha estética experimental propia.
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Xoves, 19 de Marzo do 2015
MANUEL VILARIÑO. TECTÓNICA
Tectónica non é unha exposición máis de Manuel Vilariño. O que aquí se propón é unha prospección no universo creativo e poético deste autor, pero cunha perspectiva que nos permita aproximarnos á súa obra dende un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo, é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas —a propia experiencia vital— deste creador tan singular.
Folleto da exposición
Dossier de prensa
Folleto da exposición
Dossier de prensa
