Novas

Venres, 17 de Outubro do 2014

CRISTINA LUCAS. É CAPITAL

En É capital Cristina Lucas (Xaén, 1973) analiza algunhas das principais incógnitas, paradoxos e retos que supón o actual sistema capitalista mediante catro obras de nova creación concibidas especificamente para o contexto desta exposición.


Venres, 4 de Xullo do 2014

MARK MANDERS. CURCULIO BASSOS

Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) é un dos artistas internacionais máis relevantes das dúas últimas décadas e autor dun dos corpus de traballo máis persoais de cuantos poden verse no concerto internacional. Ademais de representar o seu país na 55.ª Bienal de Venecia, realizou exposicións en moitos dos museos e centros de arte máis importantes do mundo e participou en Documenta 11 en 2002.

Folleto da exposición

Dossier de prensa
Venres, 4 de Xullo do 2014

JUAN USLÉ. LUZ ESCURA

Desde 1997 Juan Uslé (Santander, 1954) non deixou de traballar nunha serie de cadros que se coñecen como as súas pinturas negras e que ocupan un lugar central no conxunto da súa obra. Nas xa cincuenta pinturas da serie Soñé que revelabas, a maioría executadas de noite, Uslé leva a cabo unha disquisición atenta e reflexiva sobre as condicións estruturais da pintura e do proceso de pintar.

Folleto da exposición

Dossier de prensa

Venres, 20 de Xuño do 2014

DIEGO SANTOMÉ. PEZA EN ESQUINA E OUTROS ESPAZOS EN CONFLICTO

As estratexias discursivas en que se fundamenta a obra de Diego Santomé (Vigo, 1966) están directamente vinculadas cos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. Tanto na elección dos materiais coma no proceso de traballo, Santomé parte de cuestións ligadas ás circunstancias cotiás e á súa transformación, mostrando a posibilidade/imposibilidade dunha nova orde na que a sociedade acade un equilibrio.

Folleto da exposición

Dossier de prensa

Mércores, 16 de Abril do 2014

PACO ROCHA. NATURALMENTE HUMANO

A técnica fotográfica é a máis básica e natural, fotografía química, onde a luz reflectida na paisaxe oxida os elementos que compoñen a emulsión da película capturando así parte da esencia do momento. Os formatos grandes de placa ou rolo e o uso dunha cámara de banco óptico permiten abordar cada imaxe como unha composición complexa, chea de decisións.

Folleto da exposición