Novas

Xoves, 19 de Marzo do 2015

MANUEL VILARIÑO. TECTÓNICA

Tectónica non é unha exposición máis de Manuel Vilariño. O que aquí se propón é unha prospección no universo creativo e poético deste autor, pero cunha perspectiva que nos permita aproximarnos á súa obra dende un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo, é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas —a propia experiencia vital— deste creador tan singular.

Folleto da exposición

Dossier de prensa
Venres, 6 de Marzo do 2015

EDITA: SECUENCIA/SENTIDO

A partir da experiencia e do recoñecemento de catro editoriais galegas e portuguesas (Dispara, Fabulatorio, Ghost e Pierre von Kleist), esta exposición constrúese en base á complicidade que se establece entre o acto creativo e a súa posterior edición.

Folleto da exposición


Dossier de prensa

Venres, 6 de Marzo do 2015

COMO TIZÓN QUEMADO. CHRISTIAN GARCÍA BELLO

Como tizón quemado é unha axilización do proceso creativo de Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do xesto e cara á severidade sen concesións dun carácter en evasión concreta e certamente radical.

Folleto da exposición


Dossier de prensa
Venres, 31 de Outubro do 2014

CARLOS LEÓN. A ORDE DAS PRIMEIRAS COUSAS

Esta exposición explora e vertebra algunhas das series máis recentes do pintor Carlos León (Ceuta, 1948). Indaga con especial interese nos xogos de relacións —plásticas e conceptuais— que se establecen entre o radical cuestionamiento de todo ilusionismo que propón a súa pintura e a práctica depurada dunha produción tridimensional.

Folleto da exposición


Dossier de prensa


Venres, 17 de Outubro do 2014

ROSENDO CID. O ENXEÑO DA ESCALEIRA

O traballo de Rosendo Cid (Ourense, 1974) parte de claves que abranguen desde un certo espírito dadaísta, xa que a miúdo emprega obxectos ou imaxes sen manipular, até o cuestionamiento de certa gravidade ou solemnidade que parece rodear á arte contemporánea. Todo iso mediante o traballo en series, do que se deriva un entendemento da arte como proceso variable e constante.

Folleto da exposición

Dossier de prensa