Hai artistas que chegan a un tema por investigación, outros fano por tendencia. Álvaro Negro pertence claramente aos primeiros. Unha mirada atenta á súa traxectoria descobre moitas relecturas, produto dun actuar sen présa e dun diálogo continuo coa pintura e cunha serie de afinidades electivas, en moitos casos artistas, pero tamén escritores, poetas, arquitectos… A exposición preparada para o CGAC é unha mirada retrospectiva ao seu traballo que incide nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia e recoñecible que nace xa nas súas primeiras series e que na última década se consolida e se extrema nunha mesma atmosfera.
- Inicio
- Prensa
- Novas
Novas
LUIS GORDILLO. CONFESIÓN XERAL
Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC. A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.
LUGAR: CONTINXENCIAS DE USO
Lugar: continxencias de uso constitúe un achegamento á significación existencial do espazo arquitectónico. O proxecto mostra obras site-specific das artistas Patricia Esquivias, Luciana Lamothe e Sofía Táboas producidas para distintas localizacións do edificio de Álvaro Siza. A orixe das súas propostas desenvólvese no ámbito da cidade contemporánea e a arquitectura, á vez que teñen como denominador común a promoción de actos que interpelan contornas arquitectónicas concretas. Os seus traballos falan do tectónico, da morfoloxía dos materiais aos elementos construtivos; da dimensión histórica e simbólica á perceptiva e cognitiva, que é en último termo o fin que xustifica a construción espacial e polo tanto a arquitectura.
Folleto da exposición
Videopresentación
https://www.arteinformado.com/agenda/f/lugar-contingencias-de-uso-141461
http://www.expressan.com/lugar-contingencias-de-uso-cgac-lamothe-esquivias-taboas/
http://www.arte.gal/2017/06/23/lugar-continxencias-de-uso/
BAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS, 1880-1963
Bañistas está constituído por un amplo conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.
Este proxecto expositivo enmárcase nesa vía de traballo amplamente desenvolvida internacionalemente (pero aínda practicamente descoñecida en España), na que ese material fotográfico democrático, anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nun artefacto cultural, nunha produción artística, nun proxecto expositivo e editorial. E iso todo é xustamente o que pretende ser Bañistas.
