Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

3 Setembro 2018 - 7 Setembro 2018

Dende este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente que tódolos públicos poderán disfrutar. O festival desenvolverase durante unha semana ofrecendo diversas actividades en torno á danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en…

16 Xullo 2018 - 20 Xullo 2018

O taller consiste en repetir unha serie de obras de arte para poder vivir experiencias que só o autor viviu e que nos son vedadas aos demais artistas polo respecto á autoría, por aquilo de que xa se fixeron unha vez. Os traballos son sinxelos en canto á súa factura, simples na súa estrutura e baratos.

2 Xullo 2018 - 20 Xullo 2018

Chega o verán e con el os nosos talleres para o tempo de lecer. Nesta edición, o CGAC programa talleres destinados desde ao público máis novo ata ao público adulto.

4 Xullo 2018 - 18 Xullo 2018

Coincidindo co 25 aniversario da apertura do Centro Galego de Arte Contemporánea, este ano o Cineclube de Compostela dirixe unha edición especial de Cine de verán coa escolla de cinco títulos relacionados coa idea de celebración desde moi variadas olladas e circunstancias.

28 Outubro 2017 - 1 Xullo 2018

O CGAC propón un ano máis un ciclo de talleres dedicados á arquitectura contemporánea para público infantil. Os talleres estarán dirixidos polo arquitecto Fermín Blanco e impartidos polo equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis…

6 Xuño 2018 - 29 Xuño 2018

Do mércores 6 ao venres 29 de xuño, os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade.

20 Xaneiro 2018 - 17 Xuño 2018

Un ano máis, O CGAC organiza un ciclo de talleres sobre arte contemporánea para familias. Pais, nais, tías, tíos, avoas, avós... poden gozar cos máis pequenos investigando e experimentando coa arte en sesións prácticas de creación. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes. Esta edición estará dedicada á arte…

1 Outubro 2017 - 3 Xuño 2018

Un ano máis, o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 h, desde outubro ata xuño (agás no mes de xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría. Este ano a Asociación Galega da Crítica unirase aos filocafés no CGAC.

28 Maio 2018 - 31 Maio 2018

A relación que establezo a través da miña obra co espazo urbano e público parte máis dun interese por desenvolver unha linguaxe ca dunha inclinación cara á cidade en si mesma. O desenvolvemento das miñas propostas sobre urbanismo e arquitectura xorde dun vínculo moi estreito coas rúas da Habana, e non dunha predilección polo urbanismo como fenómeno conceptual.